Cabreo maiúsculo no Festival de Sitges pola primeira 'película' de Wismichu

O youtuber presentou un vídeo de tres minutos repetíndose en bucle, unha estratexia que foi interpretada por parte dos asistentes ao festival como un 'troleo'

Ismael Prego, Wismichu. INSTAGRAM
photo_camera Ismael Prego, Wismichu. INSTAGRAM

O director do Festival de Sitges, Ángel Sala, pediu desculpas ao público que sentiu ofendido este venres na proxección de Bocadillo, un filme inexistente que se anunciou como o primeiro do youtuber Wismichu e en realidade era un vídeo de tres minutos repetíndose en bucle.

Parte do público que acudiu á sala Retiro de Sitges (Barcelona) pediu que se lle devolva o diñeiro tras comprobar que a suposta longametraxe consiste nunha única escena na que un grupo de mozos piden bocadillos nun bar.

Ismael Prego, mais coñecido como Wismichu, aclarou posteriormente a través das redes sociais, que a súa intención era gravar a reacción do público na sala de cine para elaborar un futuro audiovisual.

A 'performance' do youtuber en Sitges levantou moita polémica na rede e algúns internautas insultaron a membros da organización do festival por dar espazo nunha sala de cine a un proxecto tan afastado do cinematográfico.

Ángel Salga explicou que "o festival quixo abrir unha ponte cos youtubers e ser receptivo coas novas ideas", polo que permitiron a proxección de Wismichu, igual que o fixo días atrás con El Rubius.

"Sei que hai xente á que non lle gustou e descúlpome cos que se sentiron ofendidos -dixo Sala-, pero tamén quero denunciar a actitude de certos voceiros impresentables que insultaron a membros do meu equipo, que son profesionais impecables".

"Nas redes hai xente opinando con moito talento, pero tamén hai outros que só buscan estender o odio e destruír. Nós queremos apoiar ás novas formas de opinar a través de internet, pero só se se fai desde o respecto. Non convertamos isto nun Assessination Nation", concluíu o director.

Comentarios