Cepeda revoluciona as redes cantando un tema de Aitana

O ourensán dedicou unha emotiva mensaxe á súa exnoiva pola publicación da súa nova canción 'Vas a quedarte'

Luis Cepeda. TAMARA ROZAS (EFE)
photo_camera Luís Cepeda. TAMARA ROZAS (EFE)

Aitana Ocaña e Luis Cepeda, dous dos concursantes máis populares de Operación Triunfo 2017 volven ser protagonistas despois de que o mozo ourensán dedicase unhas palabras á súa exparella con motivo da publicación da primeira parte do seu disco, Trailer.

"Parabén, Aitana, por todo o teu traballo, constancia e esforzo", escribiu o cantante en Instagram este luns. A mensaxe está acompañado dun vídeo de Cepeda cantando Vas a quedarte, un dos novos temas de Aitana. 

O vídeo, que acumula máis de 700.000 reproducións, desencadeou unha vaga de comentarios dos seguidores que seguiron con interese a súa relación sentimental e desatou a enforia entre os que esperan unha reconciliación. 


 

 
 
 
 
<>
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Parabén \aitanax por todo o teu traballo, constancia e esforzo.<>

Unha publicación compartida da Luís Cepeda ð???cepeda)> o 3 Dic, 2018 ás 1:32 PST

Comentarios