Tan só hora e media despois de pór á venda as primeiras entradas do Resurrection este luns, o festival anunciou que 9.000 persoas xa adquiriron o seu abono.
Como era de esperar, en poucos minutos esgotáronse os abonos das dúas primeiras ofertas de lanzamento: a 95 euros e 105 (máis gastos).
Trátase de todo "un fito dentro dos 14 anos que levamos de festival", segundo destacan desde a organización. "Prometémosvos que será unha edición de sorpresas e novidades", apuntan.
Tras o éxito das dúas primeiras ofertas, os organizadores decidiron manter o prezo da terceira (115 euros) ata o próximo anuncio de bandas.
A venda de entradas realizarase online, exclusivamente a través da súa web tickets.resurrectionfest.es