Sabela Ramil xa pode dicir que é concursante oficial de Operación Triunfo. A pontesa entrou este mércores na famosa academia televisiva grazas á salvación dos profesores.
Ramil defendeu na Gala 0 a canción Bachata rosa. A actuación non convenceu do todo ao xurado do programa, que a puxo "en dúbida" para entrar á academia, xunto a outros catros compañeiros.
Finalmente, a moza pontesa —a única representante galega no concurso— foi elixida polos profesores como concursante número 15 desta edición e cruzou, visiblemente emocionada, a famosa pasarela de Operación Triunfo.