Luís Zahera íspese para celebrar os Goya

O actor galego despréndese da roupa nunha reportaxe para Harper's Bazaar protagonizado polos nomeados aos premios do cine español

Luis Zahera en Harper's Bazaar. EP
photo_camera Luís Zahera en Harper's Bazaar. EP

Os nomeados aos Premios Goya volveron a desprenderse da súa roupa –por segundo ano consecutivo– nunha serie de fotografías para a revista Harper's Bazaar. Entre eles atópase o galegoLuís Zahera, nomeado como mellor actor secundario por El Reino.

Luís Zahera e Eva Llorach, ao espido. HARPER'S BAZAAR

Xunto a el, posaron para a histórica revista actores e actrices da talla de Natalia Molina, Zaira Romero, Susi Sánchez, Carolina Yuste, Rosy Rodríguez, Moreno Borja, Eva Llorach, Jesús Vidal e Gloria Ramos.

Ademais de fisicamente, os protagonistas da reportaxe tamén se ispen emocionalmente e comparten as súas anécdotas cos lectores tras protagonizar as películas Campeones, Quién te cantará, Carmen y Lola, El reino ou La enfermedad del domingo.

Comentarios