Miriam Rodríguez anuncia a súa primeira xira por España

A Coruña acollerá o primeiro concerto, un xesto co que honra a súa terra, o próximo 30 de novembro 

Miriam interpreta 'Lejos de tu piel', en la gala de 'OT' de este lunes. TVE
photo_camera Miriam Rodríguez. AEP

Miriam Rodríguez trae boas noticias. A terceira finalista de Operación Triunfo 2017, natural de Pontedeume, acaba de anunciar a súa primeira xira por España. 

Na súa conta de Twitter compartiu cales serán as cidades elixidas para este tour no que a artista fará gozar aos seus seguidores coa súa gran voz.

O espectáculo arrincará na Coruña, en honra á súa terra de orixe, o próximo 30 de novembro na Sala Playa Club e finalizará tamén na súa provincia, en Santiago de Compostela o 15 de febreiro na Sala Capitol.

As entradas sairán á venda este xoves.

 

Comentarios