Morre o xornalista Vicente Verdú aos 75 anos

O tamén escritor gañou en 1997 o premio Puro Cora, que entrega o Grupo El Progreso

Vicente Verdú. JAVIER LÓPEZ (EFE)
photo_camera Vicente Verdú. JAVIER LÓPEZ (EFE)

O escritor e xornalista Vicente Verdú faleceu este martes aos 75 anos, segundo informa o diario El País, xornal no que colaboraba e onde chegou a dirixir as seccións de opinión, cultura e pensamento.

Verdú, que é autor dunha vintena de libros, entre eles El planeta americano, premio Anagrama de Ensaio en 1997, naceu en Elxe en 1942, e nos últimos anos dedicábase máis á poesía e á pintura.

O columnista gañou a cuarta edición do Premio Puro Cora, que entrega o Grupo El Progreso, no ano 1997.

Comentarios