Sabela cantará un tema en galego na próxima gala de 'OT'

A concursante das Pontes xogarase a súa permanencia na academia cunha canción de Rosa Cedrón

Sabela Ramil, en 'OT'. RTVE
photo_camera Sabela Ramil, en 'OT'. RTVE

A concursante pontesa de Operación Triunfo 2018, Sabela Ramil, elixiu unha canción en galego para defender no seguinte programa.

Sabela e o seu compañeiro de dúo na Gala 1, Afonso, están nominados, despois de que o xurado atopase "aburrida" a súa interpretación de Échame la culpa, e un dos dous abandonará a academia a próxima semana.

Os nominados contan coa pequena vantaxe de poder elixir o tema que interpretarán na seguinte gala e a galega escolleu Benditas feridas, de Rosa Cedrón. 

Haberá que esperar ata o mércores para saber se a das Pontes convence ao público con este tema en galego —o primeiro que soará nunha gala de OT— e logra quedar polo menos unha semana máis no popular concurso. 

Comentarios