Tallón, Jabois, Colmenero e Cabeleira cóanse en 'Sálvame' grazas a Kiko Matamoros

Os catro escritores galegos aproveitaron unha rendija que deixou a voda de Belén Esteban 

Jabois, Cabeleira y Tallón. RAFA FARIÑA
photo_camera Jabois, Cabeleira e Tallón. RAFA FARIÑA

Por unha pequena físgoa que deixou inesperadamente a voda de Belén Esteban aproveitaron para coarse no Sálvame catro escritores e columnistas galegos afeitos a chegar onde faga falta, incluso ata a mesmísma catedral da murmuración. Fixérono, para máis inri, da man de Kiko Matamoros, ao que sorprende escoitar falando de literatura non porque non sexa un ávido lector, que o descoñecemos, senón por todo o demais que evoca o personaxe.   

O detonante de tamaña fazaña foi o ouresano Ricardo F. Colmenero. A colación da presentación do seu último libro –Literatura Infiel (Círculo de Tiza) aterraron na sobremesa de millóns de españois dous colaboradores de El Progreso e Diario de Pontevedra como son Juan TallónRafa Cabeleira e outro que o foi, Manuel Jabois.

Todos eles forman parte desa "tremenda fornada galega" de escritores á que, con total merecemento, se referiu Matamoros en pleno inicio da súa sección El club del espectador. O fío que despois se desencadeou en Twitter sorprenderate.

Comentarios