The Posies celebran o seu 30 aniversario cunha xira que pasará por Pontevedra 

O concerto celebrarase o 6 de outubro no Teatro Principal

 

The Posies. FACEBOOK
photo_camera The Posies. FACEBOOK

Este ano cúmprense 30 anos do nacemento de The Posies. Para celebralo, emprenden unha xira chamaba The Posies 30th Anniversary Tour, que pasará por Pontevedra en outubro. 

A xira empezará o 29 de setembro en Barcelona (Upload) e ao día seguinte, o 30, en Zaragoza (La Lata de Lámparas). En outubro, o 1 quenda para Córdoba (Hangar), o 2 en Cádiz (Aulario La Bomba), o 3 en Granada (Lemon Rock), o 4 en Valencia (16 Toneladas), o 5 en Madrid (Caracol), o 6 en Pontevedra (Teatro Principal, concerto matinal) e o 7 na guipuscoana Azpeitia (San Agustín Kulturgunea). 

Os recitais de Barcelona, Córdoba, Granada e Azpeitia forman parte do ciclo SON Estrela Galicia. Todos se poñen á venda este xoves 29 de marzo ás 10,00 horas. Información na www.houstonpartymusic.com.

 

Comentarios