Aparecen pintadas contra Mouriño en Balaídos

"O escudo non se mancha" era uno de los lemas que los operarios del Celta ya se encargaron de borrar

Pintadas en Balaídos contra Mouriño. TWITTER (@Martin_Camano)
photo_camera Pintadas en Balaídos contra Mouriño. TWITTER (@Martin_Camano)

O estadio municipal de Balaídos amenceu este xoves con varias pintadas contra o presidente e máximo accionista do Celta de Vigo, Carlos Mouriño, ao que un sector do celtismo acusa de politizar o club nos últimos anos, nos que o seu enfrontamento co alcalde Abel Caballero se endureceu,

Nesas pintadas, escritas en galego, pódense ler mensaxes como "Mouriño fóra" ou "O escudo non se mancha". Á primeira hora desta mañá un operario do club encargouse de borralas.

O plantel do Celta de Vigo traballa este xoves, a porta pechada, nas instalacións deportivas da Madroa para preparar o transcendental encontro deste sábado contra o Levante, rival directo na pelexa por eludir o descenso de categoría. 

Comentarios