Bruno Hortelano queda sen medalla no seu regreso

O plusmarquista español quedou a unha soa centésima do podio

Bruno Hortelano. EFE
photo_camera Bruno Hortelano. EFE

Bruno Hortelano, o mellor velocista español de todos os tempos, regresou á elite do atletismo mundial, logo de case dous anos inactivo por un accidente de coche, cun cuarto posto na final de 200 metros dos campionatos de Europa, dominada polo campión do mundo, o turco Ramil Guliyev.

Hortelano era o defensor do título, pero houbo de inclinarse ante Guliyev, o sucesor do jamaicano Usain Bolt como campión do mundo, que se impuxo con nova marca dos campionatos (19.76), e tamén ante o británico Nethaneel Mitchell-Blake (20.04) e o suízo Alex Wilson (20.04), que lle adiantaron no último metro.

O plusmarquista español quedou a unha soa centésima do podio, cun crono de 20.05. 

Comentarios