O 'campanu' galego pescouse na Estrada
01 de mayo de 2018 (14:10 h.)
O primeiro salmón da tempada pesou 7,2 quilos e José Manuel Castro Pallas foi o afortunado que o pescou
José Manuel Castro Pallas, de Trobe, no municipio coruñés de Vedra, aínda que residente en Santiago, pescou este martes no río Ulla o campanu galego, é dicir, o primeiro salmón da tempada.
En concreto, foi no coto de Ximonde, no termo municipal da Estrada, ás 7.30 horas. O salmón pesou 7,2 quilos.