O 'campanu' galego pescouse na Estrada

O primeiro salmón da tempada pesou 7,2 quilos e José Manuel Castro Pallas foi o afortunado que o pescou

Jesús Manuel Castro Pallas. SALVADOR ORTEGA
photo_camera Jesús Manuel Castro Pallas. SALVADOR ORTEGA

José Manuel Castro Pallas, de Trobe, no municipio coruñés de Vedra, aínda que residente en Santiago, pescou este martes no río Ulla o campanu galego, é dicir, o primeiro salmón da tempada.

En concreto, foi no coto de Ximonde, no termo municipal da Estrada, ás 7.30 horas. O salmón pesou 7,2 quilos. 

Comentarios