O cartel dun club de fútbol galego vólvese viral ao apostar polo respecto no campo

O Bertamiráns FC mostrou o seu rexeitamento aos enfrontamentos entre os afeccionados

Cartel del Bertamiráns FC. TWITTER
photo_camera Cartel do Bertamiráns FC. TWITTER

Ata hai escasos días o Bertamiráns FC non se imaxinaba que un dos carteis colgados nas súas instalacións terminaría por facerse viral. 

Nel, o club galego mostrábase en contra dos enfrontamentos entre os afeccionados no campo de fútbol e apostaba por que o protagonismo pertencese aos xogadores: "Grazas por axudar a que os rapaces o pasen ben". 

Tirando de ironía, animaba a que en caso de de nerviosismo podían abandonar o campo e "ir contar as árbores que están enfronte".

 

O cartel foi compartido nas redes sociais e os aplausos en forma de retweets non tardaron en chegar. 

 

Comentarios