martes. 28.09.2021 |
El tiempo
martes. 28.09.2021
El tiempo

O Celta de Vigo inaugura a súa nova cidade deportiva en Mos

Feijóo, durante a súa comparecencia na inauguración de 'Afouteza'. CONCHI PAZ
Feijóo, durante a súa comparecencia na inauguración de 'Afouteza'. CONCHI PAZ
Feijóo resalta que as novas instalacións do club vigués están "á altura da súa relevancia" e son "abertas aos veciños da área"

O Real Club Celta de Vigo inaugurou este sábado a súa nova cidade deportiva, que foi bautizada co nome de Afouteza e que se sitúa no municipio de Mos, limítrofe coa cidade olívica berce do único equipo de fútbol galego que na actualidade milita na Primeira División.

O acto de inauguración contou coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado por membros do seu goberno como o vicepresidente Alfonso Rueda e o conselleiro do Medio Rural, José González; así como por outras personalidades como o xefe do Lexislativo autonómico, Miguel Ángel Santalices, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo

Alí, xunto ao presidente de club vigués, Carlos Mouriño; Feijóo destacou que a nova cidade deportiva do Celta está "á altura da súa relevancia" como entidade deportiva cunhas instalacións "de primeira" que, di, están "abertas aos veciños da área". 

O mandatario popular, segundo consta nun comunicado emitido aos medios após un acto pechado á asistencia de xornalistas, manifestou que a construción desta cidade deportiva corresponde á "necesidade imperioso" expresada por un club que supón o "estandarte do Vigo metropolitano e de toda Galicia". 

Así as cousas, sinalou que as administracións "deben entender, respectar e apoiar" o papel do Celta como "patrimonio deportivo" para que siga achegando ao deporte galego.

PROTESTA VECIÑAL 

Paralelamente ao acto de inauguración, membros da entidade comunal dos montes de Tameiga reiterou o seu rexeitamento ao proxecto da cidade deportiva do Celta, envolvido na polémica ao ser calificado de "pelotazo urbanístico" por parte de entidades sociais e políticas ao longo dos últimos anos. 

De feito, os comuneiros colgaron pancartas nas inmediacións dos accesos á nova cidade deportiva do club vigués, cuxa inauguración foi posta en dúbida polo colectivo. 

"As obras están sen terminar e terán que enfrontarse ás múltiples denuncias que pon en cuestión a súa legalidade. Este acto é só unha escenificación máis para presentar a súa delitio como un feito consumado e que os veciños se dean por vencidos e renuncien a defender o ben común", sinalan os comuneiros de Tameiga nun comunicado remitido aos medios.

O Celta de Vigo inaugura a súa nova cidade deportiva en Mos
comentarios