O Deportivo xa ten os mesmos abonados cos que acabou a pasada tempada

A estas alturas supera os 10.000 socios ►O costarriqueño Celso Borges regresa á disciplina branquiazul tras un malentendido coas datas de regreso

La afición del Deportivo, en Riazor. AEP
photo_camera A afección do Deportivo, en Riazor. AEP

O Deportivo calca o número de abonados que tiña hai un ano con máis de 10.000 carnés despachados a menos dun mes para que comece a tempada.

O equipo coruñés, que descendeu en maio a Segunda, sinala na súa web que conta con 10.501 abonados, 92 menos que a estas alturas de 2017, cando era equipo de Primeira División.

Esa tempada, apunta o Deportivo, "acabou sendo" a que "máis abonados" tivo nos últimos 15 anos.

O club ten varios contratempos este ano, xa que, ademais do descenso a Segunda, non disputará o Trofeo Teresa Herrera antes de que empece o campionato e tampouco xogará en casa ata a cuarta xornada polas obras que se están executando no seu estadio.

Borges volve tran un malentendido

O internacional costarriqueño Celso Borges ten previsto incorporarse aos adestramentos do RC Deportivo este xoves tras un malentendido coas datas de regreso para os internacionais que participaron no Mundial de Rusia, que debían sumarse á pretemporada do conxunto coruñés o pasado luns.

Comentarios