O estadio do Celta pasa a chamarse Abanca-Balaídos

O novo acordo terá unha duración de dez anos

Carlos Mouriño (izquierda) y Francisco Botas, presentaron el acuerdo de patrocinio. SALVADOR SAS (EFE)
photo_camera Carlos Mouriño (esquerda) e Francisco Botas, presentaron o acordo de patrocinio. SALVADOR SAS (EFE)

O estadio municipal de Balaídos, onde xoga os seus partidos como local o Celta de Vigo, pasará a denominarse Abanca-Balaídos, segundo informaron este luns o conselleiro delegado da entidade financeira, Francisco Botas, e o presidente e máximo accionista do club de fútbol, Carlos Mouriño.

O novo acordo de patrocinio terá unha duración de dez anos e foi presentado no Salón Rexio da nove sede do Celta. Nin Mouriño nin Botas quixeron desvelar o importe económico que recibirá o club por este patrocinio.

"Para nós é importantísimo estar coas empresas máis importantes de Galicia. Este acordo fainos máis fortes, é un impulso importante", sinalou Mouriño, quen entende que non haberá inconvenientes" co Concello de Vigo, propietario do estadio, porque "temos un convenio para xestionar a publicidade e isto é parte da publicidade".

O conselleiro delegado de Abanca tamén mostrou a súa satisfacción por engadir o nome da súa empresa ao Celta, seguindo os pasos que anteriormente deran co Deportivo da Coruña e Riazor.

"Alcanzamos un acordo que profunda na nosa relación. Seremos minipartner do Celta os próximos dez anos. O Celta é máis que un club, está impregnado na sociedade na que vivimos", manifestou Botas.

Comentarios