Falece Isacio Calleja, lenda do Atlético

Gañou co equipo madrileño catro copas de España, dúas ligas e unha Recopa de Europa

Isacio Calleja. TWITTER (@Atleti)
photo_camera Isacio Calleja. TWITTER (@Atleti)

Isacio Calleja, defensa lateral esquerdo do Atlético de Madrid, no que militou desde 1958 ata 1972, e internacional coa selección española, coa que disputou trece encontros, faleceu este luns en Madrid aos 82 anos.

Calleja é lenda do Atlético de Madrid, co que gañou catro copas de España (1960, 1961, 1965 e 1972), dúas ligas (1965/66 e 1969/70) e unha Recopa de Europa (1962. Coa selección española, alzou a Eurocopa de nacións en 1964. 

Comentarios