Lendoiro, tras o derbi contra o Lugo, pide partidos de 70 minutos de xogo efectivo

O expresidente do Deportivo, que tamén admite que os lucenses sufriron "dúas discutibles expulsións", pretende acabar coas perdas de tempo 

El colegiado expulsa a un jugador del Lugo en el derbi de Riazor. QUINTANA
photo_camera O colexiado expulsa a un xogador do Lugo no derbi de Riazor. QUINTANA

O expresidente do Deportivo Augusto César Lendoiro suxeriu que o fútbol tome exemplo doutros deportes e en lugar de partidos de 90 minutos de tempo corrido sexan de 70 minutos de xogo efectivo.

"Eu proporía que a duración dos partidos fose de 70 minutos, divididos en dous tempos de 35 minutos de xogo efectivo", explica nun comunicado por mor de que no derbi galego do pasado domingo entre o Deportivo e o Lugo as perdas de tempo do equipo branquivermello apenas permitiron que se xogase no desconto.

Sobreo desconto ante o CD Lugo: "Dos cinco minutos e medio alargados tan só se xogou un minuto e dezaseis segundos" 

Segundo Lendoiro, coa súa proposta "axudaríase de forma especial ao árbitro porque desaparecería a deliberada perda de tempo, as lesións simuladas, as queixas do respectable ao final do encontro porque non existirían dúbidas sobre a xustiza do tempo disputado e a bucina, ao chegar o cronómetro a cero, sinalaría o final do encontro".

"O actual reloxo do fútbol, que non contenta a ninguén, non só está estragado, senón que está esgotado, non ten arranxo. É necesario cambialo e máis coa chegada das novas tecnoloxías. Os árbitros serían os grandes beneficiados ao ver eliminada esa absurda responsabilidade que teñen e o afeccionado celebraría a oportunidade da medida", engade.

Pon como exemplo o partido ante o CD Lugo
Lendoiro pon como exemplo o partido entre o Deportivo e o Lugo, no que o colexiado Ávalos Barrera concedeu catro minutos e alargou un pouco máis o engadido, aínda que o tempo de xogo efectivo foi mínimo, algo que criticaron os xogadores do conxunto coruñés.

"A ampliación dos 90 minutos regulamentarios foise ata os 5:23, o que debería supor unha satisfacción para a afección herculina, pero, con razón, tornouse en protesta xeneralizada. Por que? Moi sinxela, porque dos cinco minutos e medio alargados tan só xogou un minuto e dezaseis segundos de tempo efectivo", sostén o expresidente.

Lendoiro recoñece tamén que "a arbitraxe estaba a ser dura para os intereses lucenses, que sufriran dúas discutibles expulsións". 

Comentarios