Morre o exciclista alemán Andreas Kappes por unha picadura de insecto

Foi gañador de etapas no Xiro de Italia e na Volta a Suíza, ademais de competir cinco veces no Tour de Francia

Andreas Kappes. TWITTER
photo_camera Andreas Kappes. TWITTER

O exciclista alemán Andreas Kappes morreu aos 52 anos como consecuencia dun choque alérxico tras unha picadura de insecto, informou este mércores a Asociación de Ciclistas de Neuss (oeste de Alemaña).

Kappes era o director deportivo da Volta a Neuss, que se corre este mércores e na que todos os participantes levarán un brazalete negro.

Durante a súa carreira en activo, Kappes tivo éxitos en pista e na estrada, gañou etapas no Xiro de Italia e na Volta a Suíza e correu cinco veces o Tour de Francia. En pista, foi subcampión mundial na carreira por puntos en 1998.

Comentarios