martes. 26.10.2021 |
El tiempo
martes. 26.10.2021
El tiempo

Abanca non recorrerá a sentenza que dá a razón a unha demanda colectiva polas cláusulas chan

Integrantes de la Asociación Galega de Consumidores e Usuarios. ACOUGA
Integrantes da Asociación Galega de Consumidores e Usuarios. ACOUGA

A entidade deberá devolver o diñeiro cobrado de máis aos afectados

A sentenza do Xulgado do Mercantil número 1 da Coruña que deu a razón aos clientes na demanda colectiva presentada pola Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (Acouga) contra Abanca será firme ao non recorrer o fiscal. De tal forma, a entidade deberá devolver o diñeiro cobrado de máis aos afectados con préstamos hipotecarios con cláusulas chan anteriores a maio de 2013. 

Segundo informa Fiscalía de Galicia a Europa Press, o fiscal do caso non recorrerá o fallo. Así, despois de que Abanca avanzase o martes que tampouco presentará recurso de apelación, a sentenza pasará a ser firme. 

A maxistrada ordenou na sentenza a Abanca que restitúa aos prexudicados as cantidades indebidamente abonadas en aplicación das cláusulas declaradas nulas en virtude da sentenza do Tribunal Supremo de 9 de maio de 2013. 

A estimación de Acouga é que entre finais deste ano e comezos de 2019 Abanca comece a executar o fallo e estará vixiante para que os consumidores reciben o que lles corresponden. 

Acouga estima nuns 6.000 euros de media por afectado as devolucións a pagar aos 1.300 clientes adheridos á demanda colectiva presentada. Segundo os seus cálculos, o montante a abonar estará ao redor dos nove millóns de euros. 

Abanca non recorrerá a sentenza que dá a razón a unha demanda...
comentarios