Alcoa non acude á mesa de traballo e provoca as críticas de gobernos e empregados

A reunión entre o Goberno central, a Xunta, o Principado de Asturias, os concellos da Coruña e Avilés e os sindicatos saldouse sen avances

Factoria de Alcoa en A Coruña. CABALAR
photo_camera Factoria de Alcoa na Coruña. CABALAR

A Xunta de Galicia, o Concello da Coruña e os sindicatos criticaron o plante da empresa Alcoa á mesa de traballo que tivo lugar esta en Madrid —convocada polo Goberno central— con motivo do Ere que expira a finais deste mes. Ademais, estiveron representados membros do Principado de Asturias e do Concello de Avilés co obxectivo de buscar alternativas ao peche das fábricas. 

O conselleiro de Industria, Francisco Conde, mostrou a súa "preocupación" pola ausencia da empresa e a falta de propostas "" por parte de Alcoa e o Goberno nunha mesa de traballo sen avances. 

Así, Conde avoga manter o plan de acción iniciado por parte das administracións e concellos en defensa dos traballadores, á vez que demanda a Alcoa a retirada do Ere antes de que expire nun prazo de dez días para negociar. 

A Xunta reclama ao Goberno que tome "a iniciativa" e achegue "solucións" ao conflito en Alcoa a través dunha proposta de marco enerxético estable cun custo "homologable a cinco anos", así como a implantación de mecanismos de compensación que se empregan noutros países europeos.

Pola súa banda, os sindicatos (UXT e CC OO) cualificaron a actitude de Alcoa de falta "de compromiso de solución", cun "desprezo" ás institucións. Ante esta falta de vontade negociadora, comprometéronse a buscar ferramentas a todos os niveis para que as plantas sigan sendo competitivas. 

Pola súa banda o concelleiro de emprego da Coruña, Alberto Lema, declarou que se ha de pensar máis aló sobre as accións que o Goberno central pode adoptar para que se manteña a actividade.

COMPROMISO DO SENADO. O Senado instou este mércores á multinacional do aluminio Alcoa a que retire o expediente de regulación de emprego (Ere) á vez que reafirmou o seu compromiso cos traballadores das plantas da Coruña e Avilés. 

Os senadores comprometéronse a involucrar "a todas as administracións para instar a Alcoa a retirar o Ere e abrir unha mesa de negociación con todas as partes para atopar unha solución urxente que garanta o mantemento da actividade empresarial e o emprego". 

Comentarios