martes. 28.09.2021 |
El tiempo
martes. 28.09.2021
El tiempo

A ampliación do polígono de Valladares permitirá a chegada a Vigo de Ikea

Ikea.AEP
Ikea.AEP

A multinacional sueca solicitou 15.000 metros cadrados á Zona Franca da cidade olívica

O delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades, anunciou que a multinacional sueca Ikea xa solicitou 15.000 metros cadrados para instalarse no Parque Tecnolóxico de Valladares.

Un parque no que está previsto realizar unha ampliación de 150.000 metros cadrados que permitirá a chegada de Ikea a Vigo e no que tamén ten previsto instalarse Leroy Merlín.

Unha ampliación para haina un investimento de 58 millóns de euros e que está pendente dunha modificación da Xunta de Galicia para ter o visto e prace definitivo.

"O plan sectorial foi acordado coa Xunta de Galicia e co Concello de Vigo", recordou Regades durante a rolda de prensa que realizou esta mañá para facer un balance dos seus primeiros 100 días á fronte do Consorcio.

O responsable da Zona Franca de Vigo tamén anunciou que no día de hoxe acudirán ao notorio para comprar o edificio que lles facía falta para construír o futuro World Car Center na avenida de Portanet de Vigo por máis de 1,2 millóns de euros.

Un proxecto para o que hoxe saen as bases e o concurso de ideas para a redacción deste anteproxecto para o que está prevista un investimento de 14 millóns de euros.

O novo centro de innovación para reforzar o sector do automóbil contará con 14.000 metros cadrados distribuídos en tres edificios.

Para finalizar, Regades asegurou que "o eixo fundamental destes 100 días foi a colaboración estratéxica coas administracións co sector económico vinculado a Zona Franca". 

A ampliación do polígono de Valladares permitirá a chegada a Vigo...
comentarios