Ryanair cancelou xa 76 voos con orixe ou destino en España

A compañía irlandesa asegura que operará o 85% dos voos programados

Aviones de Ryanair aparcados en el aeropuerto belga de Charleroi. JULIEN WARNAND
photo_camera Avións de Ryanair aparcados no aeroporto belga de Charleroi. JULIEN WARNAND

A compañía aérea irlandesa Ryanair, que afronta este venres unha folga de pilotos en cinco países europeos, cancelou ata agora 76 voos con orixe ou destino en España, todos eles conexións con aeroportos alemáns, segundo fontes sindicais consultadas por Efe

As cancelacións, afectan a avións que debían partir este venres, no seu primeiro voo do día, desde algún dos países en folga –Alemaña, Bélxica, Irlanda, Suecia e Holanda, pero non, en principio, aos aparellos que iniciaban a súa actividade en España, onde non hai paro convocado.

O número de voos cancelados podería aumentar nas próximas horas en España, onde se verán afectados uns 14.000 pasaxeiros, segundo cálculos dos sindicatos irlandeses.

Os aeroportos máis afectados ata agora son os de Palma de Mallorca, con 24 voos; Málaga, con doce; Alacante, con dez; Madrid, Xirona e Sevilla, con seis; e Barcelona, con catro.

Segundo Ryanair, que non ofrece datos desagregados de España, o total de cancelacións en Europa ascende a 396 voos.

Deles, 250 ten orixe ou destino en Alemaña; 104, en Bélxica; 22, en Suecia; e 20, en Irlanda.

De acordo cos datos de Ryanair, non hai voos cancelados de momento con orixe ou destino en Holanda.

A compañía irlandesa asegurou que máis de 2.000 voos, o 85 % da programación prevista para este venres, operarán con normalidade ao longo do día. 

Comentarios