Abanca segue sen servizo e asumirá os gastos de comisión de otros caixeiros ais seus clientes

A entidade traballa en solucionar a avaría, que non afecta as operacións con cartón nos comercios

Una oficina de Abanca. EP
photo_camera Unha oficina de Abanca. EP

Nin operar nos caixeiros nin desde a aplicación móbil. Estas son as principais consecuencias dunha avaría que afecta a Abanca desde este martes pola mañá e que provocou as queixas de centos de usuarios. 

No mesmo día en que a entidade presidida por Juan Carlos Escotet renunciaba á opa a Liberbank, os seus clientes atopáronse con este incómodo problema. Os servizos a distancia son os que sofren a incidencia, segundo confirmou Abanca, que recorda que os pagos con cartón en comercios si están operativos.

A entidade leva varias horas traballando en solucionar o problema. Non se descarta de que se trate dunha fuga de seguridade ou dun hackeo ao seu sistema.

En calquera caso, Abanca anunciou que asumirá as comisións que os seus clientes teñan que pagar por sacar cartos de cualquera outra rede de caixeiros durante o que dure a caída do sistema.

Comentarios