A CEG convoca eleccións para o 10 de maio tras a dimisión de Antón Arias

La patronal gallega sigue sumida en la inestabilidad, con varios presidentes dimitidos en los últimos años

Arias, na rolda de prensa. VERÓNICA NÚÑEZ (EFE)
photo_camera Arias, na rolda de prensa. VERÓNICA NÚÑEZ (EFE)

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) anunciou este martes a convocatoria de eleccións á presidencia desa entidade para o 10 de maio. A decisión de convocar a asemblea electoral foi anunciada nun comunicado pola xunta de vicepresidentes da CEG, integrada por Antonio Fontenla, Jorge Cebreiros, Jaime López e José Manuel Pérez Canal.

A decisión chega despois de que Antón Arias anunciase a súa dimisión o pasado 25 de xaneiro, tras enfrontarse á oposición da maioría de empresarios de Ourense e de Pontevedra e á perda de apoio entre os da Coruña e Lugo.

INESTABILIDADE. A CEG leva varios anos de inestabilidade e loitas internas debidos en parte a problemas económicos que levaron á dimisión de varios presidentes. A dimisión de Arias é a terceira en algo máis de dous anos.

Hai xusto un ano, Fontela, López, Pérez Canal e Cebreiros chegaron a un pacto –que hai quen nega– para alcanzar un candidato de consenso, pero a última hora Arias presentou a súa candidatura, apoiado pola Coruña e Lugo. Por iso, Ourense e Pontevedra mantiveron unha férrea oposición a un mandatario que vían cun "pecado de orixe", por esa suposta traizón. 

As tensións internas arrástranse desde a época de Alvariño, que substituíu a Fontenla en 2013. Críticos coa súa xestión bloquearon as súas apenas dous anos de goberno, ao atribuírlle supostas irregularidades nos gastos da confederación. 

A el deulle a substitución Antonio Dieter Moure, que se alzou na presidencia da CEG por 10 votos fronte ao seu rival, o tamén ourensán José Manuel Pérez Canal. Moure estivo menos dun ano no cargo e, aínda que alegou motivos persoais, os problemas no seo da patronal foron clave na súa saída. 

No seu adeus ante os xornalistas, Antón Arias explicou este xoves que espera que a súa decisión sirva como un revulsivo á institución, a modo de "catarse", para que os seus integrantes reflexionen e pensen "máis nos intereses do conxunto que en intereses persoais".