DBRS Ratings mellora a cualificación de Abanca de estable a positiva

O fortalecemento dos ingresos recorrentes e a redución de activos improdutivos foi determinante para a cualificación

Logotipo de Abanca. AEP
photo_camera Logotipo de Abanca. AEP

A axencia de cualificación canadense DBRS Ratings mellorou a perspectiva da débeda de Abanca de estable a positiva, o que implica unha probable revisión á alza en futuras revisións.

Segundo un comunicado remitido á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), DBRS mantivo a cualificación a longo prazo en BBB low (un chanzo por baixo do grao de investimento ou bono lixo).

"O fortalecemento dos ingresos recorrentes e a redución de activos improdutivos" que Abanca levou a cabo nos últimos dous anos foron "claves" para esta decisión, segundo o feito relevante que a entidade enviou ao regulador.

Programa de Aceleración Abanca Innova, unha aposta polo emprendemento

Por outra banda, Abanca lanzou este xoves a segunda edición do Programa de Aceleración Abanca Innova, iniciativa creada para apoiar o desenvolvemento de start-ups tecnolóxicas. Nesta ocasión, o programa da entidade financeira estará orientado principalmente a proxectos de emprendemento no sector asegurador.

O conselleiro delegado de Abanca, Francisco Botas, presentou na coruñesa sede de Abanca Innova. Na súa primeira edición, este programa recibiu 35 candidaturas, das que foron seleccionados cinco proxectos que se atopan en distintas fases de desenvolvemento.

Deste xeito, a entidade persegue "xerar desde Galicia apoio aos emprendedores desde a tecnoloxía", defendeu Botas, e  "fomentar o nacemento e o desenvolvemento de novas empresas".

A nova convocatoria ábrese o 25 de xullo a través da web www.abancainnova.com pecharase o 14 de setembro.

O 20 de setembro a entidade realizará unha primeira selección entre as propostas recibidas para elixir as que participarán no Programa de Aceleración.

Comentarios