Falece o empresario Jesús Lence, dono de Leite Río

Estaba ingresado no hospital Polusa tras agravarse o seu estado de saúde. Tiña 79 anos de idade

Jesús Lence. SEBAS SENANDE
photo_camera Jesús Lence. SEBAS SENANDE

O empresario Jesús Lence faleceu a última hora da noite deste venres tras agravarse o seu estado de saúde, que o obrigou a ser hospitalizado no Polusa.

O dono de Leite Río, que tiña 79 anos, era un dos empresarios máis destacados da provincia de Lugo, pois era propietario dun grupo con alta facturación –a segunda empresa da provincia, cuns 120 millóns ao ano– e presenza en numerosos sectores, como o dos carburantes. 

Nacido de Castroverde, Lence tamén foi presidente entre 2004 e 2006 do CB Breogán, do que seguía tendo un importante paquete de accións.

Onte á noite descoñecíase cando se celebrará o enterro. Tiña tres fillos.