Galiciaé e Aprendum ofrecen a formación para peritos xudiciais

Investigar sobre diferentes casos e presentar conclusións nos xulgados é posible grazas a este curso 'online' por 169 euros

A maioría da xente non sabe que para converterse en perito xudicial non é necesario contar cunha titulación superior. É suficiente con dispor dunha formación especializada no ámbito no que se vaian emitir os informes periciais. É unha profesión con numerosas saídas laborais, que abarcan as diferentes ramas da investigación policial e do Dereito.

Entre estas posibilidades atópase a de Perito Calígrafo Experto en Grafística e Documentoscopia. Galiciaé ofrece este curso online mediante o que coñecer o traballo dun perito calígrafo e presentar informes ante calquera tribunal. Pódese peritar a autenticidade dunha firma ou caligrafía e ofrecer as conclusións nun xuízo. Así mesmo, o curso aborda a análise de trazados, impresións tipográficas, ou tipos de papeis e tintas. Tamén faculta para realizar adveración de testamentos ológrafos.

Outra das opcións que ofrece este especial peritaxe de Galiciaé é a de formar como Perito Xudicial Inmobiliario. Mediante este curso online expóñense os coñecementos necesarios para realizar tasacións e valoracións oficiais (xa sexan de chan ou de bens inmobles), levar a xestión dunha empresa inmobiliaria e manexar a lexislación en materia de Dereito Inmobiliario que permita emitir ditames periciais.

A especialización en Perito en Informática Forense abrirá as portas á investigación en materia de recuperación de datos informáticos: a súa conservación, estudo e análise para a elaboración de informes periciais válidos ante un xulgado. Así mesmo, o usuario poderá coñecer a normativa en vigor en relación aos delitos informáticos.

Este curso de Perito en Investigación Criminal é a mellor opción para os apaixonados da investigación ao máis puro estilo CSI. Apréndense os protocolos a seguir na investigación de todo delito, desde a inspección ocular á recollida de indicios, pasando pola cadea de custodia e o estudo das distintas especialidades forenses. Todo iso encamiñado a axudar a esclarecer os feitos diante dun tribunal.

É a ocasión para formarse nalgunha das apaixonantes especialidades con gran futuro profesional. A titulación de todos estes cursos está recoñecida para exercer como perito xudicial nos xulgados e tribunais españois de conformidade co establecido na lexislación vixente.

Comentarios