As 62 persoas máis ricas acumulan a mesma riqueza que a metade máis pobre da poboación mundial

O informe de Oxfam alerta da "crise da desigualdade" e pide ao os líderes mundiais medidas contra a evasión fiscal. Os "super-ricos" posúen, segundo os seus datos, 7.600 billóns de dólares en paraísos fiscais

A organización humanitaria Oxfam alertou este luns da crecente desigualdade mundial ao indicar que as 62 persoas máis ricas do planeta teñen tanta riqueza como a metade da poboación de escasos recursos, unhas 3.600 persoas.

A organización non gobernamental, con sede en Londres, pediu medidas urxentes para atallar a "crise da desigualdade" nun informe con motivo da próxima reunión anual do Foro Económico Mundial que se celebra na localidade suíza de Davos.

Oxfam pediu aos líderes do mundo acción contra os ricos que se benefician de dubidosos arranxos fiscais, algo que priva aos Gobernos en desenvolvemento de millóns de libras ao ano que poderían ser utilizados para mellorar a sanidade e a educación. Segundo os seus datos, os super-ricos teñen uns 7.600 billóns de dólares en contas de paraísos fiscais. 

A organización engade que a brecha entre os ricos e os pobres ampliouse "dramaticamente" nos últimos 12 anos. Agrega que, aínda que o número de persoas que viven na pobreza extrema diminuíu entre 1990 e 2010, o ingreso medio anual do 10% das persoas con recursos limitados aumentou menos de tres dólares ao ano nos últimos 25 anos.

Oxfam considera que as medidas contra a evasión fiscal deberían formar parte das accións para combater a desigualdade, xunto cun aumento do investimento en servizos públicos e un incremento dos ingresos da poboación que menos gana. "Acabar coa extrema pobreza require que os líderes do mundo atallen a crecente diferenza entre os máis ricos e o resto (do mundo)", insistiu o director executivo e Oxfam en Reino Unido, Mark Golding.

Goldring, dixo que é "inaceptable que a metade da poboación mundial non teña máis que un pequeno grupo de super-ricos globais, tan poucos que os poderías meter nun só autobús". "A preocupación dos líderes mundiais sobre a escalada da crise da desigualdade non se traduciu en medidas concretas para asegurar que os que están ao final (da escala social) teñan a súa participación no crecemento económico", agregou. "Nun mundo no que un de cada nove vaise á cama con fame cada noite, non se pode permitir seguir dando aos máis ricos unha porción máis grande do pastel", subliñou.



Comentarios