O BBVA busca aos dez mellores produtores sostibles de España

O banco lanza a quinta edición dos Premios BBVA aos Mellores Produtores Sostibles de España e incorpora un novo galardón de 5.000 euros. Os gañadores obterán difusión a nivel nacional e os seus produtos serán incorporados a receitas exclusivas do Celler de Can Roca
Receta elaborada con fresas deshidratadas de Trasdeza Natur.EP
photo_camera Receta elaborada con fresas deshidratadas de Trasdeza Natur.EP

Co novo gancho dun premio de 5.000 euros para a iniciativa máis destacada, a quinta edición dos Premios BBVA aos Mellores Produtores Sostibles de España, que o banco impulsa co Celler de Can Roca, recibe candidaturas ata o 16 de abril. Poden concorrer cun único produto empresas e autónomos do sector agroalimentario con certificado de produtores ecolóxicos. Para participar basta con cubrir o formulario que figura na a web da entidade financeira

En palabras de Alberto Cano, o director de Pemes de BBVA en España, a entidade busca "tres cousas": proxectos con visión "de eficiencia enerxética", que fagan crecer a biodiversidade e que supoñan unha aposta polo "mantemento do mundo rural", isto é, por "enraizar" á poboación nas aldeas e xerar un "ecosistema" que acelere a extensión das prácticas sostibles.

Ás catro edicións precedentes concorreron 500 candidatos, dos cales 36 resultaron elixidos como os mellores de España. "Buscamos produtores transformadores, proxectos pequenos, medianos e grandes. Non hai restrición", recalcou Cano, que explicou que a finais de abril reunirase o xurado, integrado por representantes do banco, do Celler de Can Roca e da consultora Ecodes, de tal xeito que os premios aos dez mellores produtores sostibles entregaranse en maio. Teranse en conta criterios ambientais, estratéxicos e corporativos, como a medición da pegada de carbono, a adopción de medidas de eficiencia enerxética ou a aposta polo substitución xeracional, a inclusión e a igualdade.

¿Que levarán os vencedores?

Os irmáns Roca elaborarán receitas cos seus produtos e os gañadores pasarán a formar parte dun plan de difusión en medios para dar a coñecer os seus proxectos empresariais. Como novidade, entregaranse 5.000 euros á mellor iniciativa elixida entre os 46 gañadores das cinco edicións. "É unha iniciativa coa que estamos moi comprometidos e sentímonos moi identificados", afirmou o chef Joan Roca. O cociñeiro interveu xunto aos seus irmáns, o repostero Jordi, que destacou que as receitas son "orixinais e pensadas para cada produto", e o sommelier Josep, que manifestou o seu apoio aos agricultores nas súas reivindicacións e chamou á participación.

Trasdeza Natur: "Gañamos visibilidade a nivel nacional" 

Entre os gañadores da cuarta edición figuran María José Tallón e Rosendo Luís Estévez, os impulsores de Trasdeza Natur, que sosteñen que o premio supuxo "un recoñecemento sumamente importante" ao traballo que realizan "con mimo" e "unha lombeirada" para seguir adiante. As súas froitas deshidratadas gañaron "visibilidade e promoción a nivel nacional". 

Coas fresas deshidratadas de Trasdeza Natur e as frambuesas de BosqueSoria, os irmáns Roca idearon un bizcocho con queixo de cabra doutro premiado, Sorte Ampanera. A receita dispoñible na web do BBVA.