Os traballadores de Alcoa piden que se deixe de especular cos compradores

"Hai que falar con papeis, estamos cansados de rumores", insisten

Manifestación na Coruña en defensa de Alcoa. EP
photo_camera Manifestación na Coruña en defensa de Alcoa. EP

O presidente do comité de empresa de Alcoa na Coruña, Juan Carlos López Corbacho, pediu este venres que se deixe de especular nos medios de comunicación e nas administracións coa existencia de posibles compradores para as fábricas xa que hai persoas e familias que o están pasando moi mal por esta situación.

"Hai que falar con papeis, estamos cansados de rumores. Cando se fale de compradores hai que facelo con luz e taquígrafos", insistiu López Corbacho, ao recordar que as propostas hai que polas encima da mesa.

E volveu, así mesmo, insistir na unidade para lograr unha solución a este asunto.

López Corbacho tamén anunciou que lles comunicaron unha citación para a próxima semana tras a demanda presentada en Europa polo comité europeo de Alcoa pola vulneración da normativa europea no Ere.

As mobilizacións continuarán a semana que vén.

Comentarios