O tráfico de mercancías nos portos de titularidade autonómica crece un 11% nos sete primeiros meses

A cifra no que vai de ano é de 1.060.000 toneladas, en comparación coas 955.000 do anterior. Os peiraos que lideran a actividade son os de Cariño, Ribadeo e Brens-Cee

Instalaciones del Puerto de Marín. RAFA FARIÑA (ARCHIVO)
photo_camera Instalacións do Porto de Marín. RAFA FARIÑA (ARQUIVO)

O tráfico portuario de mercancías nos peiraos de titularidade autonómica rexistrou un incremento interanual do 11% ao peche dos primeiros sete meses do ano. 

Segundo o último informe de xestión de Portos de Galicia, correspondente ao mes de xullo, o movemento de mercancías acumulado nos sete primeiros meses de 2018 situouse en 1.060.000 toneladas, fronte ás 955.000 do pasado ano. 

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, deu a coñecer estes datos nunha visita ao porto da Pobra do Caramiñal, un dos que rexistra maior actividade neste sentido e que se mantén líder no tráfico de túnidos conxelados. 

Os peiraos que lideran a actividade de carga e descarga de mercancías no acumulado do exercicio actual son os de Cariño, con 343.000 toneladas acumuladas nos sete primeiros meses de ano; Ribadeo, con 291.000 toneladas, e Brens-Cee, con 224.000 toneladas.

ACTIVIDADE POR PORTOS. En particular, destaca o incremento de actividade do peirao de Cariño, que rexistrou unha subida do 19% respecto ao acumulado no mesmo período de 2017, o incremento porcentual máis destacado; seguido de Ribeira, que subiu un 18% e Viveiro-Granero, cunha subida do 17%. 

Durante a súa visita á Pobra do Caramiñal, José Juan Durán recordou que a comarca do Barbanza continúa a capitalizar o tráfico de túnidos do conxunto dos puertosautonómicos.

En concreto, volve ser líder nesta actividade con 60.000 toneladas desembarcadas, un 2% máis que o ano pasado. En canto a Ribeira, nos sete primeiros meses de 2018, descargáronse 22.500 toneladas de atún conxelado, unha subida do 18 por cento. 

Comentarios