O viño galego vende un 20% da súa produción no estranxeiro

Medio Rural sitúa nos 210 millóns de euros o valor económico anual do sector na comunidade

Vendimia en un viñedo. VALENTIN FLAURAUD (EFE)
photo_camera Vendima nun viñedo. VALENTIN FLAURAUD (EFE)

O sector vitivinícola galego vende ao redor dun 20% da súa produción no estranxeiro, o que o converte no sector agroindustrial máis exportador da Comunidade, revelou este domingo o conselleiro de Medio Rural, José González. 

O conselleiro participou no nomeamento de novos membros da Confraría do viño do Condado do Tea e espumosos, celebrado en Salvaterra do Miño, indica a Consellería nun comunicado.

Destacou, ademais, os datos "positivos" da última vendima, "que creceu máis do 4% en relación coa campaña de 2017 ata situarse, con 64 millóns de quilos, como a segunda máis abundante" tras a de 2011.

O conselleiro recordou que o sector crea "emprego e riqueza", xa que nas cinco denominacións de orixe traballan uns 15.000 viticultores e funcionan case 450 adegas, cun valor económico estimado anual que supera os 210 millóns de euros.

Comentarios