Ada Colau díxolle ao Rei que debeu ter máis "empatía" cos cataláns tras o 1-O

A alcaldesa de Barcelona revelou como foi a conversación co monarca durante a cea do MWC, que cualifica de "relativamente tensa"

El Rey Felipe VI, junto a la alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, y otras personalidades durante la inauguración del Mobile World Congress. TONI ALBIR (EFE)
photo_camera El Rey Felipe VI, junto a la alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, y otras personalidades durante la inauguración del Mobile World Congress. TONI ALBIR (EFE)

A alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, explicou que este domgino, na cea do MWC, sinalou ao Rei que "a Constitución se pode defender de moitas maneiras diferentes" e que esperaba "máis empatía" e que fose "máis conciliador" no seu discurso tras o 1-O.

Ada Colau explicou nunha entrevista en RAC1 a súa breve conversación con Don Felipe cando, como anfitrioa da cea, antes de sentar á mesa foi a saudalo.

A XENTE, "DOÍDA". A alcaldesa Colau, que non asistiu á recepción previa ao monarca, algo que nunca sucedera, como "xesto político" de protesta, sinalou que pediu ao Rei que entendese que "a situación é anómala e difícil" e que "a xente está moi doída".

"Sempre nos distinguimos por defender o diálogo. Ao Rei díxenlle o mesmo: que as cousas deben resolverse con diálogo e democracia e que isto é incompatible coas cargas do 1 de outubro. E que o 3 de outubro esperabamos un xesto diferente do Rei e non que avalase aquelas cargas", explicou Ada Colau.

Pola súa banda, o delegado do Goberno en Cataluña, Enric Millo, explicou nun tuit que foi "testemuña directa" da conversación entre a alcaldesa e o Rei e manifestou o seu desexo de que "axude a normalizar as relacións institucionais".

PROTESTAS. Na entrevista, Colau tamén sinalou que a cea foi "relativamente tensa" e durante ela, "o Rei non se dirixiu en ningún momento nin a min nin ao presidente do Parlament –que tampouco foi ao besamanos en protesta–", aínda que nestas ceas "non é sinxelo falar" e "normalmente só falas coa persoa que tes á beira".

Sobre as protestas na rúa contra o Rei durante a cea, nas que houbo un detido e varios feridos, Ada Colau sinalou que "todo o mundo ten dereito a manifestarse, pero os Mossos tiñan que preservar a seguridade do Palau da Música", e engadiu que pediu "informes para saber que pasou exactamente fóra do Palau".

Colau garantiu ao "100 por cen" que o Congreso Mundial do Móbil seguirá celebrándose en Barcelona ata 2023, como establece o contrato con GSMA.

Comentarios