Rajoy, a Iglesias: "Teñen unha deputada en Galicia que nos seus momentos de asueto rompe retrovisores"

Emprega o caso de Paula Quinteiro para defenderse dos comentarios do líder de Podemos sobre a expresidenta madrileña Cristina Cifuentes ►O presidente do Goberno tamén se lembrou de Carolina Bescansa, outra política galega, para cargar contra a formación morada  

Mariano Rajoy. FERNANDO ALVARADO
photo_camera Mariano Rajoy. FERNANDO ALVARADO

O caso da deputada de En Marea Paula Quinteiro desembarcou  na política nacional durante a sesión de control ao Executivo no Congreso. O presidente do Goberno decidiu contraatacar ás críticas de Podemos sobre a expresidenta madrileña Cristina Cifuentes reprochándolle a Pablo Iglesias a súa actitude ante a polémica protagonizada pola podemita.

Sen citar o seu nome, Rajoy recordoulle a Iglesias que ten "unha deputada en Galicia que nos seus momentos de asueto rompe retrovisores". Ademais de de Quinteiro, o presidente do Goberno tamén quixo mencionar que Íñigo Errejón "foi un bolseiro que cobrou sen aparecer pola universidade" e citou as irregularidades de Echenique coa Seguridade Social para concluír: "Nin minimizo, nin magnifico nunguna actuación irregular, rexeito todas e traballo para evitar que se repitan".

BESCANSA. Outra galega, Carolina Bescansa, serviu a Rajoy para ironizar sobre a "harmonía" da formación morada. O presidente recordou que Bescansa "atreveuse" a intentar romper o partido.

Comentarios