Feijóo viu "incómodo" a Sánchez e a Casado "preparado" para a Presidencia

O presidente galego viu o líder dos populares "tranquilo" e "moderado"

Alberto Núñez Feijóo y Pablo Casado. LAVANDEIRA JR. (EFE)
photo_camera Alberto Núñez Feijóo e Pablo Casado. LAVANDEIRA JR. (EFE)

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, criticou o papel exercido polo mandatario estatal, Pedro Sánchez, no debate entre os catro principais candidatos aos comicios xerais celebrado este luns, onde viu a un líder 'socialista' "moi incómodo", sen proxecto económico, político e territorial, fronte a un Pablo Casado "moderado", "tranquilo" e "preparado" para asumir o peso do Goberno de España. 

Así o sinalou en declaracións aos medios, onde recordou que "onte foi a primeira parte" dun debate que "finaliza hoxe", aínda que si situou a Sánchez e Casado como os "únicos" que poden optar a gobernar en España e a Pablo Igrlesias e Albert Rivera no rol de "acompañantes" dun futuro Executivo.
 
Sobre o líder de Podemos, Feijóo cre que conseguiu "rabuñar bastantes votos" ao PSOE "de forma clara", do mesmo xeito que acreditou que apoiará a Sánchez nun Goberno de coalición, e que Rivera optou por un ton "incisivo" e "podemista". 

Fronte a eles, destacou que o candidato 'popular' falou de "emprego", da "igualdade de todos os españois ante a lei", e que "non gobernará con independentistas nin porá o seu cargo a disposición do independentismo, cousa que  fai Sánchez e que non negou que vaia a seguir facendo". 

"Entendo que Sánchez non quixese o debate", ironizou, reiterando que a xornada permitiu comprobar a razón pola que Galicia non lle vai a votar", tras 10 meses "nos que non lle interesou" situar á comunidade nos seus plans. 

"A única alternativa que temos é Pablo Casado", insistiu, tras unha intervención marcada pola "moderación", a "centralidade", a "educación" e "o que se necesita para ser un primeiro ministro dun país europeo". "Pasou a raia de xefe da oposición a candidato á Presidencia de España". 

COMPARACIÓN CON TORRA. Preguntado polo momento do debate no que Sánchez o mencionou para afrontar as críticas polas súas reunións co presidente da Generalitat, Quim Torra, Feijóo recoñeceu que case non se "lle escoitou", aínda que cre que hai "unha gran diferenza" entre "un presidente constitucional e autonomista", como é o seu caso, e "un presidente independentista e anticonstitucional, como o señor Torra". 

Comentarios