Tres mortos tras o naufraxio dunha patera preto de Melilla

Outras 57 persoas foron rescatadas con vida

Tres inmigrantes morreron e 57 puideron ser rescatados con vida ao naufragar unha patera en augas marroquís próximas á cidade de Nador e á cidade españonda de Melilla, seggundo informou a ONG Camiñando fronteiras e confirmou o Goberno de Marrocos.

As fontes explicaron que os sobreviventes foron rescatados polos efectivos da Mariña Real marroquí que interceptaron a patera nas primeiras horas do día de este martes.

O tráfico de pateras de Marrocos cara a España creceu exponencialmente desde 2017, tanto en cifras de chegadas irregulares (case 20.000, según a Organización Internacional de Migracións) como de intercepcións por parte da policía marroquí (2.225 persoas en total, segundo a mesma policía).