Fin de las fiestas de Ferrol

As festas da cidade coruñesa de Ferrol, que abarcarán o período do 21 ao 31 de agosto, estarán cheas de eventos. Iniciaranse co concerto do cantante Andrés Suárez, que deixará paso ao día seguinte ao da Banda de Música de Ferrol no Cantón de Molíns. O 22 de agosto tamén dará comezo o Rally de Ferrol. Para os máis pequenos da casa, instalaranse inchables no polideportivo, mentres os adultos poderán gozar en Caranza da Festa do Choco, amenizada polos Los Zares.

A noite do 22 de agosto actuará o grupo canario Efecto Pasillo na Praza de España. Ao longo da semana sucederanse máis concertos, a batalla de Brión e numerosos eventos para todos os públicos como a proxección de películas ou contacontos.

O luns 31 as festas daranse por finalizadas cos tradicionais fogos artificiais de Amboaxe ás 23.30 horas.

Máis en Eventos
Comentarios