Foxen sen botín tras intentar atracar unha sucursal de Caixa Rural en Begonte

Os feitos producíronse ao redor das 3 da madrugada deste martes, cando catro individuos forzaron o caixeiro automático do banco cun gato hidráulico

Sucursal de Caixa Rural atracada en Begonte. MARTA MANCEBO
photo_camera Sucursal de Caixa Rural atracada en Begonte. MARTA MANCEBO

A Garda Civil investiga un intento de roubo na sucursal de Caixa Rural de Begonte.

Os feitos producíronse ao redor das 3 da madrugada deste martes, cando catro individuos forzaron o caixeiro automático do banco cun gato hidráulico.

Os veciños, alertados polos fortes golpes, avisaron á Garda Civil. Os ladróns conseguiron abandonar o lugar antes de que chegasen os axentes, pero sen botín. Estes abandonaron a zona nun Porsche de cor escura, segundo precisaron algunhas testemuñas.

A sucursal xa foi obxecto doutro roubo hai un ano. Naquela ocasión foi a plena luz do día e un único individuo levou sobre 20.000 euros logo de ameazar á empregada e a unha refén.

Ademais, Caixa Rural, neste caso na súa sede central de Lugo, tamén rexistrou un atraco frustrado apenas unhas semanas, cando uns ladróns tiveron que emprender a fuxida ao saltar as alarmas.