Achan o cadáver dunha persoa flotando na ría do Burgo

Sospéitase que poida tratarse dun veciño de Cambre desaparecido este sábado.
Efectivos de la Policía en la ría de O Burgo. TVG
photo_camera Efectivos da Policía na ría do Burgo. TVG

O corpo sen vida dunha persoa foi atopado este domingo flotando na auga xunto a un alicerce da ponte da ría do Burgo, en Culleredo. Segundo informa o 112, foron axentes da Garda Civil quen, ao redor das 12.30 horas, chamaron ao servizo de urxencias para solicitar a colaboración dos bombeiros de Arteixo para o rescate da persoa falecida. 

Desde o 112 alertouse aos Bombeiros de Arteixo e tamén a Salvamento Marítimo e ao servizo de Gardacostas de Galicia. Así mesmo, interveñen no operativo os efectivos da Policía Local de Culleredo.

Segundo puntualiza o 112, sospéitase que poida tratarse dun veciño de Cambre desaparecido este sábado.