Achan o corpo dunha octoxenaria no interior dun pozo en Pontevedra

A anciá tiña por costume ir recoller auga todas as mañás

El pozo al que cayó la vecina de Lourizán. S.M.
photo_camera O pozo ao que caeu a veciña de Lourizán. S.M.

O corpo dunha muller de 83 anos foi localizada este xoves no interior dun pozo de Lourizán, en Pontevedra, sobre as 7.30 horas da mañá.

A chamada de alerta deuna un fillo da falecida, que a visitaba tódolos días.

Segundo as primeiras hipóteses que baralla a Policía Nacional, a anciá tiña por costume recoller auga no pozo, duns tres metros de profundidade, todas as mañás, de feito na zona apareceu unha botella baleira.

Fontes da investigación confirmaron a Efe que a morte se produciu por accidente. Os primeiros indicios sinalan que a muller puido sufrir algunha indisposición e precipitouse ao interior da cavidade falecendo no acto.

Foron os propios axentes os que rescataron á vítima e os servizos sanitarios desprazados ao lugar certificaron o seu falecemento.