Achan en Lanzarote o cadáver dun mozo galego de 30 anos

O corpo foi localizado nunha zona de rocas no municipio de Arrecife

As autoridades informaron este sábado que o cadáver achado nunha zona rochosa de Arrecife (Lanzarote) pertence a un mozo da Illa de Arousa duns 30 anos e que responde ás iniciais J.O.S.

O corpo, que foi localizado fai a principios da pasada semana, non portaba ningún documento de identidade, o que dificultou a súa identificación.

Finalmente, e grazas á colaboración de terceiras persoas, os axentes da Policía Nacional canaria puideron porse en contacto coa Policía da Illa e confirmar que o cadáver correspondía ao mozo arousán.

A principal hipótese que manexan nestes momentos as autoridades que investigan o suceso apuntan a unha morte accidental, que se produciu mentres J.O.S. camiñaba por unha zona próxima ás rocas onde foi achado. Con todo aínda é pronto para confirmar este suposto.