Un grupo de veciños de Moaña descubriu este mércores os restos do que, segundo as primeiras hipóteses, podería ser un ritual de santería que simula a tumba dun neno.
O achado produciuse no carreiro do río de Fraga, onde varios aldeáns se toparon cun buraco escarbado no terreo coroado por unha pequena cruz de madeira.