Achan morto no seu coche a un mecánico de Chantada tras unha cea de Nadal

Tiña 59 anos e a autopsia determinará as causas da morte
La cooperativa Icos de Chantada. ARCHIVO
photo_camera Galiciaé Última hora

Un mecánico da cooperativa Icos apareceu morto este domingo dentro do seu coche nunha rúa do centro de Chantada. O home, de 59 anos de idade, asistira a noite anterior a unha cea de empresa celebrada en Taboada.

Segundo fontes consultadas, a cea non se alargou "demasiado" e o home, cando se marchou, estaba "aparentemente ben". Volveu ata Chantada xunto a outros compañeiros en coche. Xa o domingo pola mañá, a súa familia viu que non chegara a casa e alertaron da súa desaparición. Á primeira hora da tarde foi atopado, sen vida, no interior do seu vehículo.

Era veciño da parroquia de Brigos e levaba máis de dez anos na cooperativa, segundo confirmou o seu presidente, Javier Taboada. Estase á espera da autopsia para determinar as causas da morte.