Acordoadas dúas céntricas rúas de Cangas do Morrazo por unha fuga de gas

O escape produciuse ao romper unha tubaxe durante unhas obras ► A capìtal morracense e Moaña, sen subministración

Dúas céntricas rúas de Cangas permanecen pechadas desde as 9.30 horas por unha fuga de gas. O incidente ocorreu durante os traballos de humanización da Rúa Méndez Núñez e obrigou a cortar o paso aos peóns.

Segundo informou a Policía Local, os traballadores non lograron reparar a avaría na zona da tubaxe na que se produciu e víronse obrigados a pechar a chave de paso xenérica, deixando sen subministración de gas a Cangas e Moaña. 

Moitos comercios permanecen pechados nas dúas rúas afectadas, aínda que non houbo que desaloxados.

Ata a zona desprazáronse efectivos de Protección Civil que, ante a magnitude do escape, alertaron tamén a efectivos de Bombeiros e a Policía Local, No lugar atópanse tamén técnicos da empresa de subministración de gas. 

Comentarios