Activan o Plan CAMGAL en Ferrol por unha vertedura de hidrocarburos ao mar

Polo momento, a mancha é de escasas dimensións, xa que afecta a unha superficie duns 50 metros cadrados

Este luns pola mañá activouse en Ferrol o Plan Territorial de Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan CAMGAL) ante unha vertedura de hidrocarburos ao mar na zona do peirao de Fernández Ladreda. 

O combustible provén dunhas tubaxes que se viron afectadas por unhas obras. Segundo se lle indicou ao 112, a mancha é de escasas dimensións, xa que polo momento afecta a unha superficie duns 50 metros cadrados. 

Salvamento Marítimo activou o Plan CAMGAL na zona minutos logo das 12.15 horas deste luns. Esta medida achega unha resposta máis áxil e coordinada ante este episodio de contaminación, tendo como principal obxectivo a máxima protección das persoas, o ambiente e os bens que poidan resultar afectados pola vertedura.

Comentarios