Agosto empezará cunha vaga de calor que deixará temperaturas de ata 40 graos

Espérase que o tempo moi cálido se manteña ata o domingo​

Calor, playa, buen tiempo, sol. ANDY RAIN (EFE)
photo_camera As temperaturas máis elevadas espéranse o xoves, coa entrada dunha masa de aire moi cálido. ANDY RAIN (EFE)

Logo dun mes de xullo marcado pola inestabilidade, o mes de agosto estrearase este mércores cunha vaga de calor que se manterá, previsiblemente, ata o fin de semana e que deixará máximas de ata 40 graos no sur de Galicia.

As temperaturas empezarán a subir este martes, cando Galicia atraveserá unha situación de transición. As baixas presións do oeste de Irlanda perderán forza e desprazaranse cara ao norte, mentres as altas presións empezarán a achegarse á comunidade.

martes

Así, segundo a previsión de Meteogalicia, o martes empezará aínda con nubes e algunhas choivas débiles pero, a medida que avance a xornada, as nubes irán a menos e os ceos quedarán xa moi despexados pola tarde. As mínimas descenderán pero as máximas empezarán a ascender pola tarde e poderán pasar dos 30 graos nalgúns puntos da provincia de Ourense. 

Xa o mércores, coa entrada do novo mes chegará o tempo puramente estival grazas ás altas presións localizadas sobre Azores. Os ceos estarán despexados, con algunhas nubes nas comarcas cantábricas. As temperaturas mínimas non experimentarán grandes cambios, polo que a madrugada aínda será fría, e oscilarán entre os 15 graos de Lugo e os 14 de Santiago de Compostela. Pola súa banda, as máximas se que experimentarán un ascenso ata situarse nos 36 graos que se esperan en Ourense, os 34 de Pontevedra, os 31 de Santiago ou os 20 de Vigo. O resto de cidades galegas tamén roldarán os 30 graos —Lugo, 28; Ferrol, 29; e A Coruña 27—.

A xornada do xoves estará marcada pola chegada dunha masa de aire moi cálido procedente do norte de África. Isto deixará ceos despexados, con algunhas néboas no interior de Galicia ao principio da xornada e nubes na Mariña de Lugo. As temperaturas experimentarán un notable ascenso e, segundo Meteogalicia, pasarán dos 35 graos en moitos puntos da comunidade, onde haberá unha "intensa sensación térmica de calor". Así, as máximas oscilarán entre os 32 graos da Coruña e os 40 de Ourense, pasando polos 35 que poden marcar os termómentros en Lugo, 37 en Pontevedra e Vigo e 38 en Santiago. 

xoves

Este tempo cálido espérase que se manteña ata o domingo, cando se podería experimentarse un lixeiro descenso das temperaturas aínda que non se esperan choivas.