Agride a súa exparella no Grove, atrinchéirase na casa e dispárase dous tiros
A vítima tivo que ser evacuada por unha fiestra da casa e está fóra de perigo. Ambos os dous foron trasladados a Montecelo
O home, que foi achado vivo nunha das estancias da vivenda, presentaba dúas feridas por arma de fogo que, presuntamente, se causou el mesmo tras arremeter contra a vítima.
Segundo fontes próximas ao caso, a vida da vítima, que presenta feridas o pescozo e o coiro cabeludo, non corre perigo.
Os feitos tiveron lugar na céntrica rúa Castelao do Grove, onde acudiron efectivos da Garda Civil e da Policía Local Grove para convencer o individuo de que se entregase.
A muller ferida foi rescatada por unha fiestra polos servizos de urxencia, mentres o seu agresor permanecía atrincheirado na casa.
O presunto autor dos disparos, segundo fontes da investigación, ten antecedentes por violencia de xénero e chegou a ser detido hai apenas tres meses.